1.
A zona humeda máis extensa e importante é o Parque Nacional de Doñana, presenta un extraordinario conxunto de ecosistemas que albergan unha biodiversidade única en Europa. Destaca sobre todo a marisma, de gran importancia como lugar de paso, cría e residencia no inverno.
2.
Follas grandes e con numerosos estomas, abundan abeleiras, sorbeiras e bidueiros. O estrato arbustivo e herbáceo é moi denso.
3.
4.
Este bosque estendeuse durante o período terciario, hai máis de 20 millóns de anos, por unha ampla zona da conca do Mediterráneo. Posteriormente, as glaciacións que tiveron lugar ao final dese período e durante gran parte do cuaternario foron trasladando o loureiro a rexións máis temperadas do sur, onde as condicións eran máis propicias para a súa supervivencia, instalándose así no norte de África e nos arquipélagos macaronésicos. Ao final das glaciacións, comezou a extensión dos desertos no norte de África, polo que este tipo de bosque reduciuse a esas zonas, que actúan como fronteiras entre a zona temperada e a intertropical.
No hay comentarios:
Publicar un comentario