1.
-Adquisición dunha postura bípede ou ergueita.
-Cambio de función das extremidades.
-Remodelación do rostro e da dentación.
2.
Esta característica relacionase cun cambio climático, polo cal se pasou dunha selva arborizada á árida sabana e que obrigou a un grupo de primates a abandonar a súa vida árborea para camiñar por espazos abertos. Esta característica facilita observar o horizonte por encima das altas plantas herbáceas da sabana, cruzar canles de auga con pouca profundidade e percorrer grandes distancias ao camiñar durante máis tempo.
3.
As extremidades inferiores detínanse unicamente a actividades locomotoras, polo que se alongan con respecto ás superiores e ao tronco; o pé convértese en plantígrado e o dedo polgar oriéntase paralelo aos outros, deixando de ser opoñible, xa que os pés só se usan para camiñar.
4.
Aparición e desenvolvemento da linguaxe (permitiu a trnasmisión de ideas e de coñecemento entre individuos. Deste xeito, comeza a evolución cultural que influiu no desenvolvemento das poboacións humanas modernas.
O sexo, diferenciado dos outros animais (tivo moito éxito reprodutivo, favorecido pola desaparición do celo, que permitiu un número progresivamente máis grande de contactos sexuais e unha maior fertilidade das femias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario