1.
A teoría da xénese mineral propón que os minerales foron necesarios para que actuaran de soporte para permitir que as moléculas orgánicas pequenas se unisen entre elas e orixinasen as grandes moléculas biolóxicas en zonas arxilosas.

A teoría das fontes hidrotermais propón que a vida apareceu no fondo oceánico, arroupada pola calor que desprendían os volcáns e as chemineas submarinas, e non nas carcas litorais da superficie, expostas á intensa luz solar.

A teoría da panspermia propón que os primeiros microorganismos que habitaron a Terra non se orixinaron aquí, senón no espazo exterior e chegaron ao noso planeta no interior dos múltiples meteoritos que chocaban contra a superficie terrestre. Logo desenvolvéronse grazas as condicións favorables que atoparon, e a partir dela formáronse o resto dos seres vivos.

2.
Si, xa que hai probas concluíntes, por exemplo, un meteorito que veu da Marte encontrado en 1996 contén restos de posible orixe biolóxica.

No hay comentarios:
Publicar un comentario