jueves, 13 de febrero de 2020

Tema 5.10: Socialización e cultura dos primeiros humanos

Actividades páx. 97:


1.

Os progresos na socialización, como a organización do grupo; o avance da tecnoloxía, como a fabricación de ferramentas; algúns descubrimentos, coma o lume e o desenvolvemento da cultura, foron esenciais para o éxito evolutivo das diferentes especies de homínidos que en último termo nos conduciron á nosa especie, o Homo sapiens.

2.

Grazas ao lume puido conservar a calor, iluminarse na noite, escorrentar aos animais perigosos e evitar os insectos. Tamen lle serviu para asar a carne e comezou a técnica de cociñar alimentos.

Resultado de imagen de fuego


3.

Ocupábanse dos labores domésticos como mellorar o hábitat. Tamen facían traballos de carrexo e recolección, colaboraron na caza e transmitían as ensinanzas do grupo aos fillos na etapa infantil.


4.

Os Homo sapiens de Europa habitaron repetidamente as covas do Norte de España e do Oeste e Sur de Francia. En Europa Central establecéronse en campamentos de cabanas fabricadas con peles e ósos de animais cazados.

Resultado de imagen de homo sapiens europa









































No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tema 6/7.8: Adaptacións ao medio terrestre e aéreo

Actividades páx. 119 : 1. Son os pulmóns das aves igual que os peixes teñen vexigas natatorias.                                  2...