miércoles, 9 de octubre de 2019

Tema 1.5: Estruturas e orgánulos da célula eucariota

Actividades, páxina 13:

1.

É unha rede proteica que dá soporte ao citoplasma e é responsable do movemento celular. Os seus compoñentes son os microfilamentos, os filamentos intermedios e os microtúbulos. Os microfilamentos participan na contacción muscular e no proceso de citocinese da división celular; os filamentos intermedios axudan a manter a forma celular e os microtúbulos forman o fuso mitótico e os cilios e flaxelos.

                          Imagen relacionada


2.

O anxonema é a estrutura interna dos cilios e flaxelos. Os cilios e os flaxelos diferéncianse en que os cilios son máis curtos e numerosos que os flaxelos.


                     Imagen relacionada


3.

É unha rede de sacos e túbulos membranosos intercomunicados. Pode ser rugoso ou liso. O rugoso sintetiza as proteínas que pasan despois ao aparato de Golgi e o liso elimina substancias tóxicas e produce lípidos.

Resultado de imagen de reticulo endoplasmatico

4.

Son vesículas membranosas que conteñen encimas. Os lisosomas levan a cabo a dixestión intracelular. Nacen nunha estrutura celular membranosa (o aparato de Golgi).


Resultado de imagen de lisosomas

























No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tema 6/7.8: Adaptacións ao medio terrestre e aéreo

Actividades páx. 119 : 1. Son os pulmóns das aves igual que os peixes teñen vexigas natatorias.                                  2...